Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de enero de 2016

CONCIENCIACIÓN SOBRE A XERACIÓN DE RESIDUOS

De Sogama chega este vídeo, como instrumento divulgativo, para concienciar especialmente aos escolares da enorme xeración de residuos que se fai actualmente.
Lémbranos as propostas do noso Proxecto "R ao Cubo" deste curso:
  • Recicla 
  • Reduce
  • Reutiliza
E fai un chamamento á reflexión e á responsabilidade para que todos os cidadáns desenvolvan o seu cometido con garantías e como claves para evolucionar a un mundo mellor.
Sogama agarda que nos guste, que sexa do noso interese e que nos resulte de utilidade.
(Información da páxina de Sogama)
.
.

miércoles, 4 de marzo de 2015

ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

O pasado martes, fixemos unha saída cultural ao Centro de Visitantes das "ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA" denominadas Parque Nacional Marítimo-Terrestre situado no Edificio Cambón na Rúa Oliva nº 3 de Vigo.
Os monitores tiñan preparadas unhas actividades moi, moi chulis e divertidas con anécdotas da Historia, cousas da Fauna e Flora marítima e terrestre tan ricas e variadas destes Arquipélagos galegos.
Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben.
Ademais, fixéronnos un agasallo: un marcapáxinas chulísimo.

ILLAS ATLÁNTICAS on PhotoPeach  
Agora, por favor, escribe nos comentarios o que máis che gustou.
E non esquezas poñer o teu nome.